O club ten establecido o seguinte organigrama na estrutura deportiva:
Para tratar de que o funcionamento a nivel organizativo sexa o mellor posible, é imprescindible que exista unha boa coordinación entre todas as persoas que conforman a estrutura deportiva do club, e que teña coma base dous piares principais:
- A COMUNICACIÓN.
Esta debe ter a frecuencia necesaria, coa lealdade precisa, as formas adecuadas e un enfoque sempre positivo e construtivo.
- A INFORMACIÓN.
Nas comunicacións escritas ou verbais que se teñan entre os adestradores e delegados con coordinadores ou director deportivo, ben sexa en sentido vertical ou horizontal no organigrama, a información que se transmita ou trate debe ter en conta os factores principais de calidade da Información: exactitude (confiable), oportuna, actual, útil, completa, relevante.
Se nos comunicamos con frecuencia e o facemos para tratar temas que o precisan de verdade, e ademais utilizamos datos e información de valor (desbotar rumores, comentarios de terceiros, etc.) con opinións construtivas, evitaremos moitos malentendidos, seremos máis eficientes e sobre todo, teremos un mellor funcionamento como equipo de traballo, algo que tanto pais e nais coma os deportistas poderán apreciar e valorar. Isto é aplicable para as comunicacións escritas ou verbais cos pais e nais ou titores.
2.1.- Funcións do Director Deportivo, Adestradores/as e Delegados/as
As funcións definidas para cada un destes roles están descritas no Regulamento Interno do club, o cal foi presentado pola Xunta Directiva aos socios en asemblea e finalmente aprobado.