O Milladoiro Sociedade Deportiva ten como principal obxectivo ensinar e transmitir coñecementos en materia de fútbol, e xunto con isto tamén traballar sobre aqueles aspectos relacionados coa motricidade dos deportistas, principios tácticos comúns a outros deportes, e de xeito transversal para calquera actividade, fomentar o establecemento dunha cultura de valores morais e sociais tales coma o respecto polos demais, a igualdade entre as persoas, sobre o Medio Ambiente, a tolerancia e a responsabilidade individual e social.
A nosa filosofía de Club é a de orientar os nososos principais obxectivos ao traballo contextualizado e coordinado entre as diferentes categorías onde prima a formación sobre o rendemento, tendo unha coherencia educativa entre as diferentes etapas formativas ao longo do proceso que percorrerán os nenos e nenas nas diferentes categorías do fútbol base. É dicir, en ningún caso o obxectivo será o rendemento (obxectivos de vitorias en competición) por enriba do proceso (formativo) e da educación, xa que son obxectivos -os de rendemento- asociados a estratexias de curto prazo. Isto non debe confundirse con que non se traballe e incluce o nivel de competitividade necesaria para tratar de acadar os mellores resultados deportivos que sexa posible, pero sempre a través do esforzo a honestidade e o respecto, porque non debemos olvidar que estamos a intervir na formación da nosa xuventude e cidadanía.
“Deberiamos aclararlle á maioría que o éxito é unha excepción…”. Pero tampouco imos renunciar a él.
Marcelo Bielsa. Adestrador de fútbol.
O club ten unha estratexia de medio/longo prazo, que por unha banda trata os aspectos educativos, onde o xogador debe experimentar un proceso rico en contidos de valores e ben coordinados ao longo da súa etapa de formación. Doutra banda a nivel da organización, búscase un camiño definido cara onde se quere levar o club a nivel deportivo, onde a nosa filosofía será a de preparar bos xogadores, tratando de elevar o nivel dos equipos para que poidan competir nas categorías máis altas que sexa posible atendendo aos condicionantes que se poden dar en cada unha das tempadas.
Para acadar os obxectivos do clube establécese unha idea de xogo común a todas as categorías do fútbol base, que cada equipo levará á práctica atendendo ás súas características propias, pero respectando a idea principal de xogo que debe ser o fío conductor desde as categorías iniciais ata o remate da etapa formativa. Para evolucionar e tratar de acadar os obxectivos marcados aplícase unha metodoloxía de traballo común e coordinada que permita aplicar a planificación establecida e evitar a improvisación e a disparidade de criterios á hora de traballar.
“Se queres ir rápido, vai só, se queres chegar lonxe, vai acompañado…”.
Antigo probervio africano.
Debemos ter en conta a gran cantidade de horas que pasan ao ano os nenos e nenas nos adestramentos e na competición, e a importancia de transmitir valores e unha boa educación. E aquí é onde entra o papel do adestrador como educador ou docente, e non como un mero adestrador que dirixe e manda. O adestrador de fútbol, do mesmo xeito que noutros deportes é un docente que debe saber como, cando e de que maneira impartir os coñecementos propios e non propios do deporte.
Centrándonos no puramente deportivo, o adestrador será o encargado de facer que os xogadores entendan, asimilen e executen os conceptos futbolísticos e as ideas de xogo do adestrador. Débese avogar por un sistema que integre e faga que os xogadores sexan participes da aprendizaxe e non só executores. É dicir, saber o que se
fai e porqué.
“Contáronmo e esquecino, vivino e comprendino, fíxeno e aprendino«
Confucio, Filósofo chino.