II Campus do Milladoiro S.D. para o próximo mes de xullo de 2022.
Este programa nace co fin de atender as necesidades que as familias do noso Concello puidesen presentar durante o período estival. Dende o Club, somos conscientes de que no período no que os nenos e nenas gozan das súas vacacións escolares, algunhas das nosas familias poden ter dificultades no relativo á conciliación da súa vida familiar e laboral.
DÍAS: de luns a venres.
HORARIO: de 10:00h A 14:00h *
Para aquelas familias que o precisen, ofrecése a posibilidade de anticipar ás 09:00h a entrada ao recinto.
Programa MADRUGA E ALMORZA: Dende as 08:00h incluindo un almorzo saudable.
IDADES: de 4 a 16 anos.
- Actividades Deportivas e Lúdicas.
- Seguro de asistencia médica incluído.
- Merenda a media mañá incluída.
- Aplicación de protocolo anti- COVID.
Neste documento tes toda a información necesaria:
Podes facer as inscricións a través de CLUBER FACENDO CLIC AQUÍ.