Xa están dispoñibles no noso provedor oficial AmeSport as equipacións deportivas para esta tempada!.
Lembra que nesta tempada será obrigatorio vestir a equipación oficial (*) do clube nos días de partido, tanto xogando de local coma de visitante. E para a asistencia aos adestramentos debe utilizarse a camiseta específica de adestramento.
Pode adquirirse todo este equipamento, pero os elementos imprescindibles que compoñen a equipación serían:
- Bolso ou Mochila.
- Anorak ou chuvasqueiro.
- Chaqueta ou Suadoiro.
- Camiseta de adestramento.
- Pantalón de chándal.
- Medias.
(*) Son válidas as unidades de equipamento deportivo oficial de tempadas anteriores. Se tes algunha dificultade para cumprir con esta obriga, contacta coa Dirección Deportiva ou con algún membro da Xunta Directiva.