Dental Macía é o Patrocinador Oficial do Milladoiro SD

A clínica dental apoiará ao club durante as catro próximas tempadas, converténdose así no Patrocinador Oficial.


Á esquerda José Manuel Dacosta (Presidente Milladoiro Sd) e á dereita Javier Macía, (Propietario de Clínica Dental MacÍa)


Tralas reunións mantidas nas últimas semanas onde ambas as entidades foron achegando as súas posturas, asínase, durante a tarde do pasado xoves 29 de setembro, un acordo de Patrocinio entre o Milladoiro SD e a Clínica Dental Macía.

O Acordo de Patrocinio terá unha vixencia de catro anos durante os cales Dental Macía contribuirá a satisfacer parcialmente as necesidades económicas do club. Entre outros puntos a Clínica achegará unha contía económica fixa por tempada, así como tamén cederá a metade da primeira cota de mantemento da súa TARXETA DENTAL MACIA que contraten as persoas que se identifiquen como socios do club.

Puntualmente, a Clínica participará en eventos sociais que o club irá levando a cabo nos próximos meses. Ademais, ámbalas dúas entidades están próximas a pechar un acordo con condicións especiais para os tratamentos de fisioterapia que precisen os nosos deportistas e que serán publicadas nas próximas semanas. Con este acordo plásmase o desexo de Javier Macia, máximo responsable de Dental Macía, quen dende o minuto CERO mostrou a súa intención de apoiar este proxecto, non só deportivo, senón tamén social, que vimos desenvolvendo dende a tempada 2020-21. Igualmente, queremos facer notar tanto a sensibilidade como o interese persoal mostrado por Javier nos últimos meses con visitas ás nosas instalacións nas que participou na entrega de premios, asistencia a encontros e adestramentos. Nelas puido valorar a dedicación, entrega e compromiso que este EQUIPO (Directiva e adestradores) mantén co Fútbol Base de Milladoiro.

Por todo isto, o MILLADOIRO SD quere agradecer a CLINICA DENTAL MACÍA o seu compromiso social e o apoio a este proxecto por e para a xuventude do Milladoiro.